PXOM

Convocada a comisión de seguimento do PXOM

portada pxom 2

Cando xa pasou máis da metade do mandato, e trala petición feita polo BNG, o Goberno de Julio Sacristán convoca a Comisión Especial do PXOM.

A convocatoria non prevé a asistencia técnica do Servizo de Urbanismo nen do equipo redactor do Plan, tal como tamén se solicitara, dada a complexidade dos asuntos a tratar.

Convocada a comisión de seguimento do PXOM

O vindeiro día 30 de agosto reunirase a Comisión Especial do PXOM, trala petición feita polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo e a publicación da Memoria Ambiental do proxecto do novo plan pola Consellaría de Medio Ambiente.

Tono Chouciño chamou a atención sobre que esta será a Sesión Constitutiva desta Comisión "cando xa pasou máis da metade do mandato, toda unha demostración do interese que ten o Goberno Municipal por sacar o PXOM adiante".

Esta deixadez do Goberno de Julio Sacristán contrasta coas numerosas consultas veciñais recibidas polo BNG sobre que vai pasar co Plan, que se intensificaron a raíz das novas coñecidas as últimas semanas.

O voceiro nacionalista lamentou que na convocatoria non estea prevista a asistencia técnica do Servizo de Urbanismo e do equipo redactor do Plan, tal como solicitara no escrito rexistrado dada a complexidade das cuestións a tratar.

Convocada a comisión de seguimento do PXOM