BO GOBERNO

Demandamos ao Goberno Municipal que se poña a traballar

2018 novo plan director máxima expansión do aeroporto
Máximo desenvolvemento posíbel no novo Plan Director

Por segundo mes consecutivo o Goberno Municipal non presentou proposta algunha ao Pleno para a súa aprobación. Isto demostra a carencia da máis mínima capacidade de iniciativa política do Goberno de José Ramón Rioboo e a súa total falta de ideas, que levan a Culleredo á paralización.

Malia os múltiples anuncios, o PXOM segue paralizado e o número de servizos públicos que carecen de contrato vai en aumento, cando eran coñecedores de que a Lei de Contratos aprobada en novembro de 2017, que entrou en vigor en marzo deste ano, ía implantar directivas europeas, aprobadas no 2014, que buscan loitar contra a corrupción.

Se o BNG non demanda a creación urxente dunha Comisión de Seguimento do Plan Director do Aeroporto aínda estaríamos agardando pola reacción do Goberno Municipal.

Demandamos ao Goberno Municipal que se poña a traballar

Por segundo mes consecutivo o Goberno Municipal de Culleredo convocou o Pleno ordinario mensual sen proposta algunha na orde do día, o que demostra a súa falta total de iniciativa política nun momento crucial para o noso Concello.

É tal a paralización e a falta de ideas para Culleredo que o goberno de José Ramón Rioboo, con concelleiros e concelleiras que descoñecen o máis básico das funcións que teñen encomendadas, que apenas consiguen sacar adiante asuntos de mero trámite.

Mentras o PXOM segue paralizado, tras numerosos anuncios da súa aprobación inminente. Os servizos sen contrato, como da xestión da auga potábel, o de limpeza viaria ou o de atención a domicilio, que tamén nos dixeron que eran unha prioridade e que os ían regularizar de inmediato, seguen aumentando.

Para o representante do BNG, Tono Chouciño, "a excusa da nova Lei de Contratos, aprobada en novembro de 2017 e que entraba en vigor aos catro meses, implantando directivas europeas de contratación aprobadas xa no 2014 para loitar contra a corrupción, non os debería ter pillado por sorpresa."

En xaneiro de 2016 a Interventora municipal certificou a existencia de seis servizos públicos, cun importe anual de varios centos de miles de euros, co contrato vencido. A día de hoxe, dous anos e medio despois, o número de servizos públicos sen contrato en vigor segue aumentando.

Tono Chouciño demanda do equipo de goberno maior responsabilidade e adicación á defensa dos intereses dos veciños e veciñas de Culleredo, "agora temos a ameaza dunha nova ampliación do aeroporto. Se o BNG non demanda a creación urxente dunha Comisión de seguimento do Plan Director aínda estaríamos agardando pola reacción do Goberno Municipal. Necesitamos que o Alcalde se poña a traballar e se deixe da súa política de fotos para a galería e anuncios baleiros, rematando coa situación de indefensión e abandono na que está o Concello".

O concelleiro nacionalista chama aos veciños e veciñas a participar na reunión informativa sobre o proxecto de Plan Director do Aeroporto convocada para este luns ás 20.30h na Casa do Concello, en Tarrío.

 

Demandamos ao Goberno Municipal que se poña a traballar