O BNG de Culleredo apoia a proposta para a fibra óptica impulsada pola plataforma Somos Rural

O BNG felicita á veciñanza pola iniciativa popular e ofreceuse a levala a pleno se o goberno municipal non acepta tramitala.
A fenda dixital afecta a estudantes do rural nas súas actividades, a persoas que precisen teletraballar e á creación de empresas.
16 mar. 2022 - 20:28
O BNG de Culleredo púxose en contacto coa plataforma Somos Rural para darlle os parabéns por promover a iniciativa popular que máis dun milleiro de sinaturas apoiaron para a instalación de fibra óptica nas parroquias do rural de Culleredo.
O BNG esixirá que se tramite a proposta como iniciativa popular tal como recolle o regulamento de participación cidadá, e se Rioboo pon obstáculos o BNG estará a disposición da plataforma para elevar a iniciativa a pleno no seu nome.
Sumámonos así ás reivindicacións da plataforma e concordamos cos argumentos expostos no manifesto, no que se expoñía a necesidade de acabar coa fenda dixital que ten que soportar a veciñanza que habita nestas parroquias, que agrupan a meirande parte do territorio municipal.
O BNG de Culleredo tamén concorda coa idea de que as institucións –tanto estatal, como galega e local– xa perderon o creto respecto de dar solución á desigualdade de acceso a internet que padece esta parte da poboación, impropia dos tempos que vivimos, e que supón que a rapazada non poida complementar formación por vía telemática ou acceder ao teletraballo, entre outras desvantaxes.
Iniciativas coma esta esixen ao goberno municipal que estea á altura do que se lle supón. Neste caso, coma noutros, é necesaria só un chisco de vontade política para tratar con eficacia as necesidades veciñais.
A idea de que o Concello de Culleredo condicione a contratación dos servizos de telefonía e comunicacións –que suman uns 100.000 euros anuais– á que a empresa adxudicataria cablee todos os núcleos do municipio vai na liña propositiva do BNG, é dicir, de utilizar a contratación municipal de xeito estratéxico para conseguir melloras nos servizos que repercutan positivamente na calidade de vida das persoas.