ESCOLARIZACIÓN

O BNG leva ao Parlamento a necesidade dunha nova planificación escolar para Culleredo

Mercedes Queixas e Tono Chouciño con membros da comunidade educativa de Culleredo (imaxe de arquivo)
A deputada Mercedes Queixas e Tono Chouciño nunha xuntanza coa comunidade escolar de Culleredo

A comunidade escolar de Culleredo leva tempo a demandar maior atención educativa por parte do goberno do PP.

Entre as súas demandas está a creación dun centro de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) na zona rural do concello.

A inspectora de zona, reunida co Consello Escolar Municipal, recoñecía recentemente que a planificación de Culleredo "está obsoleta" e que cabería revisala antes da entrada en vigor da nova Planificación Xeral de Culleredo.

A nova planificación debería refacer a distribución e asignación aos centros de referencia, e mellorar as condicións de estudo do alumnado residente na zona rural.

O BNG leva ao Parlamento a necesidade dunha nova planificación escolar para Culleredo

O Bloque Nacionalista Galego, a través da deputada Mercedes Queixas, ven de rexistrar diversas iniciativas no Parlamento Galego para trasladar ao goberno da Xunta a necesidade dunha nova planificación escolar no Concello de Culleredo.

Estas iniciativas son consecuencia das demandas que ano após ano ven a manifestar a comunidade escolar, debido á insuficiente atención educativa por parte do goberno do PP a un concello que presenta un crecemento demográfico continuo e unha importante dispersión dos seus núcleos de poboación.

No pasado mes de novembro, a comunidade educativa de Culleredo recibía a boa nova de que o Consello Escolar Municipal conseguira o compromiso da Xunta para "revisar a planificación escolar e o catálogo do profesorado".

Asemade, a inspectora de educación recoñeceu que a planificación de Culleredo "está obsoleta", e que cabería revisala antes do 1 de marzo, que é cando entra en vigor a nova Planificación Xeral de Culleredo. Esa nova planificación debería refacer o mapa de distribución e asignación aos centros de referencia en función dos centros a día de hoxe, mais tamén recoller a previsión dun futuro centro que imparta ESO na zona rural.

O novo centro, reivindicado pola comunidade escolar dos núcleos máis alonxados do centro urbano, permitiría a desconxestión do IES Blanco Amor e a súa compensación co IES Rego de Trabe. Redundaría tamén en menores tempos de desprazamento para o alumnado residente neses núcleos, co conseguinte incremento do seu tempo para o descanso, lecer e estudo.

O BNG leva ao Parlamento a necesidade dunha nova planificación escolar para Culleredo