O BNG reivindica unha circunvalación para acabar cos atoamentos de tráfico na Laxe

Tráfico na Laxe
Tráfico na Laxe

Rúas estreitas e exceso de tráfico, con autobuses incluidos, provocan fastío diario a conductores e veciños.

A idea da nova estrada está recollida no novo PXOM, que leva case unha década estancado en tramitación; pero Rioboo suxeriu que podería non ser necesario renovar o plan.

O goberno local negouse a incluir a proposta na orde do día do pleno ordinario deste mes de setembro.

O BNG reivindica unha circunvalación para acabar cos atoamentos de tráfico na Laxe

O BNG de Culleredo propón a construción dunha estrada de circunvalación que circundaría a Laxe e que conectaría Vilaboa co acceso á Terceira Rolda. A idea xa está recollida no proxecto de PXOM que leva varios anos en tramitación, sen data de aprobación definitiva no horizonte. Sen embargo, o alcalde agora suxeriu a posibilidade de desbotar este documento, o que suporía descartar as solucións proxectadas para problemas evidentes e tan urxentes coma este.

Con todo, a proposta non será debatida no pleno municipal debido á negativa do goberno local de incluilo na orde do día. En contra desta decisión, o BNG vén de presentar un recurso de reposición, xa que non existe razón que o xustifique.

O núcleo da Laxe, na parroquia de Rutis, sofre atascos diarios de tráfico, con autobuses e outros vehículos. Trátase dun lugar con edificacións antigas e rúas estreitas, onde aumentou a circulación exponencialmente en poucos anos debido á apertura da Terceira Rolda de circunvalación da Coruña, cun acceso a pouca distancia, na Zapateira. Só un semáforo regula o sentido do tránsito na parte máis estreita.

O PXOM vixente data de 1987. O novo documento foi aprobado inicialmente en 2013 e leva desde 2018 paralizado debido ás obxeccións da Consellería de Medio Ambiente e do arquitecto municipal. O BNG solicitou volvelo expoñer ao público en varias ocasións, así como respostar as alegacións veciñais. O goberno local sempre alegou que iso dilataría no tempo a súa aprobación, mais finalmente se consumirá ese tempo sen termos solución aos problemas urbanísticos de Culleredo.Tráfico na Laxe

O BNG reivindica unha circunvalación para acabar cos atoamentos de tráfico na Laxe