O BNG insta ao goberno estatal a escoitar as reclamacións polo Vial 18 e a ampliación da AP-9

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso
Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso

Tanto no Congreso, como na Xunta e, por suposto, no ámbito municipal, o BNG insiste en escoitar aos veciños afectados por este mega proxecto

O BNG insta ao goberno estatal a escoitar as reclamacións polo Vial 18 e a ampliación da AP-9

Néstor Rego, deputado do BNG, leva o debate sobre o Vial 18 ao Congreso español co obxectivo de que se teñan en conta as alegacións presentadas pola veciñanza afectada por este proxecto. A intervención tamén incluirá a pregunta sobre se se considerará en conxunto esta obra coa ampliación da AP-9 a catro carrís ao seu paso por Culleredo, tal e como solicitan os veciños tamén.

Lembremos que o proxecto do Vial18 agocha unha “mochila” que constitúe a parte principal do proxecto: a ampliación da AP-9 a catro carrís ao seu paso polo municipio de Culleredo é unha parte, dependente do anterior (segundo o propio anteproxecto do mencionado Vial 18), que está envolta no escurantismo, xa que non se coñece ningún dato técnico nin afectación, alén da idea xenérica. Deste xeito, preténdese arrefriar o rexeitamento social á mega infraestrutura ofrecendo unha pequena parte, menos agresiva, que é o Vial 18, mais que apenas serve sen o golpe da ampliación da AP-9 ao paso por Culleredo, que traerán como irremediable e sen alternativa.

O BNG de Culleredo levou, precisamente, este tema ao pleno ordinario deste mes de xuño, cando solicitou a suspensión do anteproxecto do Vial 18 mentres non se corrixisen os erros de forma, xa que non presenta a totalidade da afectación. A corporación municipal votou a favor de xeito unánime á proposta que tamén inclúe a petición da documentación relacionada co proxecto e que sexa difundida polos medios municipais.

O BNG insta ao goberno estatal a escoitar as reclamacións polo Vial 18 e a ampliación da AP-9