MAPA ESCOLAR DE CULLEREDO

Apoio unánime á moción do BNG en demanda dun novo plan de escolarización para Culleredo

Unanimidade na votación da moción do BNG a prol dun novo mapa escolar e da ESO no rural

O Pleno Municipal aprobou demandar á Xunta o comezo inmediato dos traballos precisos para a elaboración dunha nova planificación escolar de Culleredo.

A iniciativa é froito dos contactos do BNG coa comunidade educativa do Concello.

A moción do BNG aprobada polo Pleno inclúe a necesidade de impartir ESO no rural.

O novo plan de escolarización debe consensuarse e elaborarse de xeito democrático coa comunidade educativa.

O plano actual foi definido como “obsoleto” pola inspectora de zona.

Apoio unánime á moción do BNG en demanda dun novo plan de escolarización para Culleredo

O Pleno Municipal celebrado o xoves 25 de novembro aprobou a moción presentada polo BNG de Culleredo, en demanda o inicio inmediato dos traballos precisos para a elaboración dunha nova planificación escolar de Culleredo.

A moción aprobada demanda da Xunta que teña en conta que se debe impartir Ensino Secundario Obrigatorio na zona rural. Esta é unha demanda da comunidade escolar das zonas máis alonxadas do centro urbano, xa que todos os institutos que o imparten están na zona urbana, e que redundaría en favor das condicións de estudo do conxunto do alumnado.

Para Tono Chouciño, voceiro do BNG en Culleredo, “o novo mapa de escolarización debe ser elaborado de xeito democrático, dando voz a todos os elementos que compoñen a comunidade escolar. É unha oportunidade para refacer o mapa escolar. Cun novo IES no rural equilibraríase o alumnado dos outros centros”.

O concelleiro nacionalista lembra que se están a refacer os itinerarios educativos, polo que o novo mapa de escolarización debería contemplar a oferta de todas as modalidades, tanto de ESO como de Bacharelato, nos centros públicos de Culleredo.

Apoio unánime á moción do BNG en demanda dun novo plan de escolarización para Culleredo