SERVIZOS SOCIAIS

O Centro de Día prometido por Rioboo para Celas non será Centro de Día

escola unitaria celas de peiro2
Antiga escola unitaria de Celas de Peiro

Rioboo e o seu goberno comprometéronse coa Comunidade de Montes en Man Común de Celas en decembro de 2017 a realizar un Centro de día naquela parroquia.

Catro anos despois presentan un proxecto de algo que non será un Centro de Día, senón un "centro rural dinamizador", que ninguén sabe en que consistirá.

Culleredo carece dunha residencia pública de persoas maiores e de recursos para asegurar o respiro familiar.

O BNG de Culleredo está preparado para desenvolver o traballo rigoroso que poña fin a estas carencias e asegure ás familias o seu dereito á conciliación.

O Centro de Día prometido por Rioboo para Celas non será Centro de Día

O Goberno Municipal convocou o pasado xoves un Pleno Extraordinario co único obxecto de aprobar un trámite necesario para o prometido Centro de Día de Celas. Este Centro de Día era un vello compromiso esixido pola Comunidade de Montes de Celas polo convenio para extraer auga do monte, e unha necesidade coa que o BNG de Culleredo está plenamente de acordo.

Malia os 4 anos pasados dende que se comprometaran coa Comunidade de Montes, o Goberno municipal negou xa que o que finalmente se levará a cabo sexa o que se encadra na definición de "Centro de Día". Segundo o Alcalde José Ramón Rioboo, o que se fará "é un centro rural dinamizador de persoas maiores e que non ten nada que ver cun centro de día".

Para o BNG de Culleredo trátase, máis unha vez, dun engano do actual equipo de goberno do PSOE á veciñanza do noso Concello. Confírmase, lamentablemente, o que xa se advertiu hai 4 anos, que o convenio asinado polo Concello coa Comunidade de Montes era papel mollado, pois non contaba cos preceptivos informes para ter validez legal.

O BNG de Culleredo é consciente da necesidade de proporcionar coidados ás persoas maiores do noso Concello e ofertar ás súas familias posibilidades de conciliación. Por iso levaba no seu programa electoral traballar para acadar a posta en funcionamento dunha residencia e dun centro que aseguraran o respiro familiar e a cobertura desas necesidades.

Para acadalo é preciso un traballo rigoroso, para axustarse ás pautas e aos estrictos requisitos legais, que o actual goberno municipal é incapaz de realizar.

O BNG de Culleredo, a través do su voceiro, Tono Chouciño manifestou o seu compromiso coa veciñanza de Culleredo, "faremos propostas para que o que agardaba a xente se convirta en realidade. Estamos aquí para traballar a prol dos nosos veciños e non fuximos dos nosos compromisos, como fai Rioboo e os seus compañeiros de goberno".

O Centro de Día prometido por Rioboo para Celas non será Centro de Día