CULLEREDO
Novas
Luis Bará en Culleredo

O BNG leva ao Parlamento a conexión da AP9 e o Aeroporto

A iniciativa demanda a realización dun estudo das alternativas para a conexión entre a AP9, o aeroporto de Albedro e a terceira rolda.

O debate da Proposición non de lei, presentada polo deputado nacionalista Luís Bará, terá lugar mañá venres, a partir das 10.30 h.

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade (incluíndo os votos de PP e PSOE) a demanda dun estudo de alternativas á Xunta e a Fomento, sen ter constancia a día de hoxe das xestións realizadas.

Ler novas
Novas
Tono Chouciño durante a súa intervención

Traballo e honradez, bases para transformar Culleredo

Tono Chouciño puxo o traballo desenvolto durante estes catro anos como os alicerces do Culleredo máis social, máis participativo e coas dotacións precisas de servizos públicos, que é preciso construír.

O candidato á alcaldia recalcou que Culleredo é un Concello con recursos, e que cómpre pór eses recursos ao servizo da súa veciñanza, primando sempre os seus intereses e benestar.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, salientou o esforzo de Tono Chouciño por levar os problemas de Culleredo aos centros de decisión, e anunciou a próxima participación do candidato nunha xornada en Bruxelas sobre a aplicación de fondos europeos no cumprimento da directiva marco da auga.

O BNG de Culleredo disponibilizou na súa páxina web unha escolma do traballo levado a cabo estes catro anos.

Ler novas
Novas
Captura de pantalla 2019-03-06 a la(s) 21.18.15

O BNG de Culleredo, firme na defensa da veciñanza fronte ao Vial 18, lamenta a incoherencia doutras formacións políticas

O BNG de Culleredo levou a cabo un gran esforzo para estudar o proxecto e redactar varias alegacións, así como para informar á veciñanza a través do reparto de volantinas informativas.

Ningún outro grupo presentou alegación algunha ao proxecto do Vial 18.

Tras apoiar no Pleno municipal as alegacións do BNG para a retirada do proxecto e o estudio de alternativas, Alternativa dos Veciños muda de opinión, defendendo o proxecto e esquecendo a defensa dos intereses veciñais.

Ler novas
Novas
Sanción Augas de Galiza Río Trabe

Sanción ao Concello de Culleredo polas obras no Río Trabe

Augas de Galiza sanciona ao Concello por modificar o noiro do paseo fluvial sen autorización e incumprindo as condicións establecidas.

A obra, cun importe de 140.000€, está a ser investigada tamén polo Xulgado nº3, trala denuncia do PACPRONA da Garda Civil.

Débese asegurar que os cambios introducidos non afectan á estabilidade da obra e repercutir ás persoas responsábeis calquer sobrecoste que os seus actos poidan supoñer para o Concello.

O actual alcalde, daquela Concelleiro de Obras e Medio Ambiente, fixo caso omiso dos avisos tanto do representante do BNG como dos técnicos municipais, que alertaban das irregularidades.

Ler novas
Novas

O goberno do PSOE incumpre as resolucións do Pleno sobre o Vial18

O Pleno Municipal aprobou o 28 de xuño por unanimidade, a proposta do BNG, demandar á Xunta e a Fomento un estudo das alternativas de conexión entre a AP9 e o aeroporto, e a súa publicación antes de realizar a escolla.

Das declaracións do Goberno Municipal despréndese que nestes 7 meses non fixeron ningunha xestión perante esas Administracións, a mesma inacción que amosan na aprobación do novo PXOM e no retraso de presentar os orzamentos para 2019.

Ler novas
Novas

O BNG rexeita a Conta Xeral do 2017 presentada polo Goberno Municipal

A Conta Xeral de 2017 é unha burla á veciñanza de Culleredo, ao dar por boas importantes perdas económicas para o Concello.

Non inclúe, entre outras, as instalacións do CLT que non reverteron para o patrimonio público, como pedía a Secretaría Municipal no seu informe.

A depuración de responsabilidades pola perda patrimonial no CLT foi rexeitada polo PSOE co apoio dos partidos da "nova política", nunha mostra da nula rexeneración que aportan a Culleredo.

Ler novas
Vídeo
Recuperemos a Ría do Burgo

Recuperemos a Ría do Burgo

O 22 de outubro de 2013 iniciouse o procedemento de Avaliación Ambiental. Hoxe o proceso aínda non está rematado. Polo medio houbo eleccións antes das cales presentáronse proxectos dos que nada máis se volveu saber. Xa abonda. É hora de recuperar a nosa Ría.

Ler novas
Vídeo
Xestión nefasta da concesión da Garrocha

Xestión nefasta da concesión da Garrocha

O Goberno Local de Culleredo (PSOE) deixou sen cobrar máis de 250.000€ do canon do contrato de concesión das instalacións deportivas da Garrocha. De forma reiterada e deliberada, deixou sen atender as múltiples alertas de incumprimentos no contrato que o BNG de Culleredo viña sinalando durante anos.
Ler novas
Novas

Inquietude polo retraso na convocatoria das subvencións anuais ás asociacións

O BNG levou ao Pleno Municipal do pasado xoves o retraso na convocatoria das subvencións, despois de recibir queixas das asociacións e de que estas se repetisen nos Consellos Sectoriais da semana pasada.

Nen as persoas representantes do Goberno Local nos Consellos Sectoriais, nen o alcalde no Pleno, foron quen de explicar os motivos do retraso. Limitáronse a dicir que serían convocadas "en breve" e que estaban "en trámites", o que contribúe a aumentar a incerteza.

O retraso na convocatoria destas axudas, cando falta un mes para que remate o ano, dificulta o funcionamento normal das asociacións e a posta en marcha das súas iniciativas.

Ler novas
Novas
voceiro novembro 2018

Novo Boletín do BNG de Culleredo

O boletín trata de dar conta, dun xeito veraz, do traballo desenvolto nos últimos meses e da situación actual do Concello.

Entre os temas tratados está o do Complexo da Garrocha, no que o BNG está a estudar os pasos a seguir para que non volva repetirse o do CLT de Ledoño ou o do CEIP Ría o Burgo

Tamén se trata a visita de Ana Pontón e se informa das canles para formular propostas de cara aos Orzamentos Municipais.

Ler novas