URBANISMO

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia co tráfico rodado

Tráfico na Laxe
Tráfico na Laxe

O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico  e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas

O PXOM leva máis de 10 anos en pausa mais a veciñanza segue precisando de solucións na súa vida cotiá

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia co tráfico rodado

A veciñanza da Laxe soporta o tráfico continuo de vehículos que circulan cara a ou desde a Terceira Rolda coruñesa. O rueiro que atravesa o núcleo ten curvas e estreiteces propias dunha poboación histórica e tradicional, no que as casas se construíron unhas á beira das outras deixando o mínimo espazo. Existen semáforos para regular o paso de vehículos, pero moitos deles son de grandes dimensións, o ruido é incesante, e o espazo peonil é practicamente inexistente.

O BNG de Culleredo propón e insiste na necesidade de reorganizar o tráfico rodado, a través da creación dunha estrada de circunvalación, para mellorar a calidade de vida da veciñanza e tamén as condicións de tránsito. É por iso que demanda unha modificación no PXOU vixente (de 1987) para a construción do novo vial, así como prever unha partida para a súa execución no novo orzamento municipal. A Laxe é un núcleo de características rurais que soporta un tráfico de vehículos con cifras urbanas que goza de prioridade absoluta.

A construción da circunvalación para A Laxe xa estaba prevista no PXOM inicialmente aprobado en 2013, polo que se trata de reutilizar o traballo dese documento, que o goberno municipal non quere impulsar para a súa aprobación definitiva. Por outra banda, o trazado paralelo ao futuro Vial 18 que propuxo Rioboo necesita estudo ambiental e anteproxecto previo diferenciado, tal e como indica o Ministerio de Medio Ambiente na resposta ás alegacións da vecilanza recibidas estes días, o que o convirte nunha entelequia de incerta realización, polo que a proposta do BNG preséntase como a alternativa máis viable. 

A falta de aprobación definitiva do PXOM é só a punta do iceberg da paralise do goberno municipal, que non parece servir á súa cidadanía.

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia co tráfico rodado