ADMINISTRACIÓN DIXITAL

O BNG lamenta que o Concello de Culleredo non actualice a sede electrónica cos recursos da Deputación

A meirande parte dos concellos da provincia utilizan os aplicativos gratuitos da institución

O Concello de Culleredo preferiu contratar o servizo coa Diputación de Albacete

O BNG lamenta que o Concello de Culleredo non actualice a sede electrónica cos recursos da Deputación

O Concello de Culleredo ten que renovar a súa sede electrónica e decidiu contratar o servizo á Diputación de Albacete. O software ofertado pola Deputación da Coruña, non lle serve ao señor Rioboo malia que, non só ter certificación de cumprir cos requirimentos do Esquema Nacional de Seguridade (ENS), senón que é de uso gratuito para os concellos da provincia. 

O BNG reclamou en pleno as razóns polas que non se opta por esta opción, a pesar de que o alcalde de Culleredo sexa tamén deputado provincial e presidente da comisión á que compete a materia de Avance Dixital, responsable de que se estean investindo fondos estatais de resiliencia para a mellora contínua dese sistema informático e que dá servizo neste momento a 80 entidades, entre as que hai concellos do tamaño de Culleredo, como Carballo ou Arteixo.

Ademais non tiveron resposta as preguntas sobre o incerto gasto final que non contempla o custo da transición entre o sistema actual ao seguinte. Así, o BNG pediu que o goberno municipal reconsiderara a súa postura e que optara pola opción máis directa, como sería a solución ofrecida pola Deputación da Coruña, mais non houbo éxito.

O BNG lamenta que o Concello de Culleredo non actualice a sede electrónica cos recursos da Deputación