Concelleiros

Enrique Antón Chouciño Garrido, Tono (Malpica, 1966)

Concelleiro e Portavoz do BNG de Culleredo

Tono Chouciño

 

 

 

 

 

 

 

 

Casado e con 3 fillos, leva máis de 20 anos vivindo en Culleredo, primeiro en Fonteculler e actualmente no Burgo. Diplomado en Ciencias Empresariais, traballa como Informático na Consellaría de Facenda.

Ten participado e colaborado social e sindicalmente en diversas iniciativas, o que o levou a entrar en contacto co BNG de Culleredo e, finalmente, aceptar a proposta de encabezar a candidatura do Bloque Nacionalista Galego no noso concello.

"Cando viñemos vivir a Culleredo a miña filla máis vella tiña uns meses e foi á escola infantil A Tartaruga, da que teño un grato recordo. Botei 10 anos visitando ese centro a diario e fun vendo como o crecemento demográfico de Culleredo non tiña correspondencia coas prestacións aos veciños, primeiro de Escola Infantil, despois de Escolas de Primaria, e máis tarde de Institutos. Tamén se pode dicir o mesmo doutros servizos: Centro de Saúde, Bibliotecas... Culleredo pasou de 13.000 habitantes nos 80 aos 30.000 actuais e as infraestruturas e servizos non o fixeron ao mesmo ritmo nin de lonxe. O resultado é un Concello que quedou atrás si o comparamos co resto da comarca.

Coa implicación dos veciños e das veciñas, coa súa participación no bo goberno do noso Concello, seremos quen de cambiar Culleredo e convertelo nun modelo a imitar, como xa sucede con outros concellos que no seu día confiaron no BNG, como Allariz, Pontevedra ou Ribadeo, e que hoxe son referentes, incluso a escala mundial, de bo facer e de traballar para mellorar a vida da súa xente."

As persoas que formamos parte da candidatura do BNG de Culleredo comprometémonos a demostrar día a día que nen os políticos nen as formas de facer política son todas iguais. Porque vivimos a pé de rúa este momento difícil para a maioría social deste país e deste concello. Porque en Culleredo chegou a hora de soltar lastre e coller os remos para chegar a bo porto.

 

Beatriz Pérez Mosquera (Culleredo, 1969)

Concelleira do BNG de Culleredo

Beatriz Pérez

 

 

 

 

 

 

 

 

Bea Pérez naceu e medrou en Vilaboa, parroquia de Culleredo que viu transformarse nas últimas décadas. Técnica Superior de Son, traballa no Consello da Cultura Galega e é responsábel do Arquivo Sonoro de Galicia. Bea conta coa experiencia de ter sido Concelleira de Mocidade e Voluntariado do Concello de Culleredo entre 2007 e 2011.

A súa participación na vida social e cultural de Culleredo é dilatada, traballando de maneira activa na organización de programas de dinamización xuvenil como fundadora e presidenta da Asociación Xerfa, así como doutras moitas actividades culturales e deportivas. A súa faceta musical, que ten desenvolvido nos útlimos anos como Bea a de Estrella, tena levado a publicar o seu traballo como compositora e cantautora nun traballo que ten presentado en diferentes localidades de toda Galiza. 

"Traballar para as veciñas e veciños do meu concello é a honra máis grande que unha persoa pode ter."

 

Gonzalo Méndez Mosquera (Culleredo, 1986)

Concelleiro do BNG de Culleredo

Gonzalo Méndez

 

 

 

 

 

 

 

 

Gonzalo Méndez é veciño da Corveira, lugar de Vilaboa onde naceu e medrou. Licenciado en Historia e Ciencias da Música, ten desenvolvido a súa traxectoria profesional no sector da Xestión Cultural.

Gonzalo ten traballado na dinamización da mocidade cullerdense a través da organización e participación en diferentes actividades culturais.

Tras varios anos de experiencia na xestión pública local na Comunidade de Madrid, trasladouse a Nova York, nos Estados Unidos, onde se titulou nun Master in Arts Administration pola Universidade de Columbia, como bolseiro da Fundación Barrié de la Maza.

"Ao meu regreso dos Estados Unidos, doeume ver que nada no meu concello, na miña parroquia, tiña mudado ou mellorado nos últimos 5 anos. Onde foi a riqueza de Culleredo? A que se dedicaron os nosos impostos? Culleredo é un lugar cheo de posibilidades, cunha situación inmellorable, pero que ten sido víctima da indefensión por parte dos seus responsábeis políticos, que non teñen defendido á súa veciñanza. É o momento de transformar Culleredo e poñeo ao servizo das veciñas e veciños".