CANDIDATURA 2019

Traballo e honradez, bases para transformar Culleredo

Tono Chouciño durante a súa intervención
Tono Chouciño durante a súa intervención

Tono Chouciño puxo o traballo desenvolto durante estes catro anos como os alicerces do Culleredo máis social, máis participativo e coas dotacións precisas de servizos públicos, que é preciso construír.

O candidato á alcaldia recalcou que Culleredo é un Concello con recursos, e que cómpre pór eses recursos ao servizo da súa veciñanza, primando sempre os seus intereses e benestar.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, salientou o esforzo de Tono Chouciño por levar os problemas de Culleredo aos centros de decisión, e anunciou a próxima participación do candidato nunha xornada en Bruxelas sobre a aplicación de fondos europeos no cumprimento da directiva marco da auga.

O BNG de Culleredo disponibilizou na súa páxina web unha escolma do traballo levado a cabo estes catro anos.

Traballo e honradez, bases para transformar Culleredo

Na presentación da candidatura do BNG de Culleredo, celebrada este venres no Hotel Crunia, en Fonteculler, nunha sala ateigada de xente, Tono Chouciño chamou a construír un concello máis social, máis participativo e coas dotacións precisas de servizos públicos.

Para Tono Chouciño “non podemos estar todos os anos falando dos mesmos problemas, as dotacións educativas, ou a rexeneración da nosa ría, que non dá chegado. Culleredo é un Concello con recursos, cómpre pór eses recursos ao servizo da súa veciñanza e traballar co interese público como centro das decisións, sempre primando os intereses e o benestar dos nosos veciños e veciñas”.

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, salientou o esforzo do candidato e como foi quen de levar os intereses de Culleredo á Eurocámara. Anunciou que estaba en preparación unha nova visita de Tono Chouciño a Bruxelas para participar nunha xornada sobre aplicación de fondos europeos para o cumprimento da directiva marco da auga e como foron usados, ou non usados, ou malgastados, no pasado.

Tono Chouciño agradeceu a presenza no acto de numerosas persoas “coas que nos fomos atopando estes catro anos e colaborando, en todas as parroquias e lugares, representantes do tecido asociativo, persoas a título individual, familias enteiras, procurando aportar sempre o noso grao de area na transformación de Culleredo. Parte deste traballo recóllese na escolma que está dispoñíbel na páxina web do BNG, e constitúe os alicerces dese Culleredo que aspiramos a construír, porque os nosos veciños e veciñas así o merecen”.

Traballo e honradez, bases para transformar Culleredo