ÉXITO DA PROPOSTA EN PLENO

O BNG consegue a declaración de Área de Rehabilitación Integral para A Fonte da Balsa

Protestas na Fonte da Balsa
Protestas na Fonte da Balsa

O acordo da Corporación é o primeiro paso para iniciar o proceso

A declaración da ARI abre a porta a novas posibilidades de financiamento e de instalación de novos equipamentos para o barrio

Trátase do primeiro compromiso cumplido polo BNG de entre todos os recollidos no seu programa electoral, que seguirá achegando propostas para mellorar a vida da veciñanza cullerdense

O BNG consegue a declaración de Área de Rehabilitación Integral para A Fonte da Balsa

A Fonte da Balsa está un paso máis cerca da súa rexeneración urbana despois de que a proposta do BNG fora aprobada polo pleno do concello de Culleredo. Este é o primeiro paso e indispensable para a súa declaración como ARI —Área de Rehabilitación Integral—, o que posibilita o acceso a uns fondos que axudarían a financiar economicamente a renovación tanto das zonas comúns —xardíns, accesos, paseo…— como os propios edificios, e a instalación de novas dotacións, de estimarse oportuno.

As Áreas de Rehabilitación Integral ou ARI son conxuntos urbanos que por alguna circunstancia especial precisan ser rehabilitadas con urxencia. Decláranse coma tal por resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, da Xunta de Galiza, a petición dos concellos interesados, trala súa aprobación en pleno como paso indispensable. Paso que hoxe o Pleno Municipal de Culleredo aprobou a proposta do Grupo Municipal do BNG. 

O BNG levou a pleno esta proposta despois de varias semanas de campaña para dar a coñecer as posibilidades da declaración como ARI, na que a propia veciñanza se involucrou e participou coas súas ideas. A Fonte da Balsa é un barrio que leva anos padecendo o incumprimento das promesas de renovación por parte do goberno municipal, polo que é cada día máis urxente dar pasos decididos para mudar a situación e mellorar as condicións de vida das súas veciñas e veciños.

O BNG de Culleredo inicia así o cumprimento dos compromisos do seu programa electoral, con propostas que melloren a vida das e dos cullerdenses. Coa súa forza na Corporación do Concello de Culleredo os nacionalistas cullerdenses achegarán as propostas da veciñanza ao goberno municipal e procurará o seu cumplimento.

 

O BNG consegue a declaración de Área de Rehabilitación Integral para A Fonte da Balsa