xulgado
Novas

O BNG impulsa a asunción de responsabilidades polas actuacións arbitrarias do Goberno Municipal

- O BNG entendeu que era preciso recabar o apoio do Pleno para salvagardar legalmente os intereses da veciñanza e da propia Administración municipal, fortemente danada na súa reputación polo proceder do Goberno Municipal.

- Catro sentencias xudiciais, dúas delas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ratifican os informes negativos ao procedemento sancionador contra o xefe dos servizos de Obras e Urbanismo.

- Da actuación do Goberno municipal pode deducirse que a tramitación dos expedientes en Culleredo se rexe pola discrecionalidade dos responsábeis municipais, sen atender aos principios rectores da actuación da Administración.
Ler novas
Novas

O BNG demandará ao Pleno levar á Fiscalía a actuación do Goberno Municipal contra un funcionario.

- O TSXG anula as sancións impostas ao xefe do Servizo de Obras, nun expediente que considera falto de imparcialidade e neutralidade por parte do instructor.

- O Tribunal pon de manifesto que tanto a Concelleira de Persoal como o Alcalde eran coñecedores dos fallos do expediente, pois constan informes en tal sentido da Secretaría Municipal.

- A falta deste xefe de servizo supuxo unha paralización aínda maior nos servizos ao seu cargo: o de Urbanismo e o de Medio Ambiente, Obras e Servizos.

- Os responsábeis deste desaguisado deben asumir as consecuencias da súas malas prácticas, ao tempo que debemos velar polos interses do Concello e da veciñanza.
Ler novas
Novas

O concello descoñece os efectos da sentenza de JardinCelas

O Goberno Municipal non é quen de dicer cantos traballadores e traballadoras se poden beneficiar da Sentenza do Xulgado do Social.

Tampouco puido dicer por qué á empresa non se lle esixían os documentos que demostrasen estar ao corrente coa Seguridade Social.

O Xulgado fai responsábel solidario ao Concello da totalidade do total das indemnizacións. A empresa encóntrase en liquidación.

O BNG esixirá que o pagamento das indemnizacións se repercuta nas persoas responsábeis e non sobre a veciñanza vía impostos.

Ler novas
Novas

O Concello de Culleredo é condenado a pagar outros 237.791,57€ nunha nova sentenza

O BNG pedirá acceso á sentenza, xa que o goberno local non ofrece detalles

A sentenza non era firme no momento de sérmonos transmitida a información

Ler novas
Novas
Tono Chouciño

Demandamos explicacións sobre os expedientes requeridos polo Xulgado

O BNG promove, xunto co resto dos grupos da oposición, unha Xunta de Voceiros extraordinaria para que o Goberno dea explicacións ante o Pleno pola presenza da Policía Xudicial no Concello en demanda de expedientes para o Xulgado.

O BNG xa ten demandado no Pleno explicacións de Julio Sacristán polo seu aval a un promotor, así como a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística, que tivo por resposta un desaforado ataque por parte do Goberno Municipal.

Ler novas