O que non contan das contas municipais
Hai razóns abondo para rexeitar a aprobación dos orzamentos do goberno de #Culleredo para 2017. Aquí van só algunhas das cousas de #OQueNonContan
Hai razóns abondo para rexeitar a aprobación dos orzamentos do goberno de #Culleredo para 2017. Aquí van só algunhas das cousas de #OQueNonContan
O BNG-Asembleas Abertas estuda recurrir uns orzamentos continuístas, que burlaron as promesas de participación cidadá na súa elaboración e recollen pagos sen contrato por máis de 600.000€. Os vecinos, que aportan máis do 50% dos ingresos, van ter que pagar 1.500.000€ polos terreos do Colexio Ría do Burgo, 7 veces máis que os do colexio que se está a construír agora mesmo.
Entre elas están a urxencia na construción do novo colexio, para que poida estar disponíbel no comezo do próximo curso, e a dotación de cociñas propias nos Centros escolares, ambas aprobadas por unanimidade no Pleno de Culleredo.
A través dos representantes do BNG no Parlamento tramitamos emendas aos orzamentos da Xunta para a mellora na seguridade nas estradas de titularidade autonómica AC213, entre O Burgo e A Telva, na AC523 ao seu paso por Ledoño e na AC400, entre Vinxeira e Celas.