das
Novas
Giant XXL O Burgo

O BNG solicita acceso aos expedientes e licenzas de actividade das atraccións das festas patronais

No último Pleno preguntamos ao Alcalde pola licenza de actividade da atracción paralizada nas festas do Burgo e polos expedientes para a obtención da licenza de instalación e funcionamento, sen obter resposta.

O BNG considera necesaria a revisión das condicións nas que as atraccións das festas obteñen a súa licenza de actividade.

Debe prevalecer a súa seguridade polo ben da veciñanza de Culleredo e dos milleiros de visitantes que se achegan ás nosas festas.

O BNG rexistrou unha solicitude para o acceso aos expedientes abertos para outorgar licenza de actividade ás atraccións instaladas nas Festas de Vilaboa e do Burgo.

Ler novas
Novas
Rego das Xesteiras limpeza

O BNG realiza unha limpeza das sinais do Rego das Xesteiras

O candidato á alcaldía, Tono Chouciño, participou nunha limpeza das sinais indicadoras do Rego das Xesteiras, en Celas, organizada polo BNG.

O BNG impulsará a recuperación dos espazos urbanos degradados para o seu desfrute pola veciñanza.

O Paseo do Rego de Trabe ou o muíño da Fonte da Balsa poden ser recuperados cun pouco de atención e orzamento.
 

Ler novas
Novas
mensaxe asociacións

O BNG reclama ao Goberno seriedade na tramitación das subvencións ás asociacións

O Goberno Municipal publicou o pasado 16 de abril unha convocatoria de subvencións ás asociacións na que se recollía a posibilidade de facer a solicitude presencial ou telemáticamente, cando só sería legalmente admisíbel esta última opción.

Onte o Goberno Municipal comunicou ás distintas asociacións o erro na convocatoria, provocando que moitas non conten cos medios e o tempo precisos para rectificar a solicitude.

O BNG solicita a ampliación do prazo de presentación de solicitudes para as asociacións do Concello, e que se poñan ao seu dispor os medios e o asesoramento necesarios para poder realizar adecuadamente o rexistro telemático.

Ler novas