Connivencia do Goberno Municipal coa Xunta na paralización das obras do IES

Connivencia do Goberno Municipal coa Xunta na paralización das obras do IES

Logo da denuncia feita polo Bloque Nacionalista Galego de Culleredo, de que as obras do novo Instituto levaban un mes paralizadas malia ter asegurado a Consellería que os problemas co cable soterrado se solventarían de xeito inmediato, o Goberno Municipal emite unha contestación decindo que eles xa o sabían, que o problema co cable xa está resolto e que os traballos comezarán outra vez pasado o Nadal.

O Concello actúa como voceiro da Xunta

Dende o 20 de outubro que comezaron as obras, tan só se traballaron escasos quince días e, segundo di o Concello que di a Xunta, cando menos até o 7 de xaneiro de 2015 non se volverá a traballar, dous meses despois da súa paralización.

Para o BNG isto é unha burla aos cidadáns, veciños e veciñas de Culleredo, que participaron nas mobilizacións en demanda do novo centro, e que confiaron nas declaracións dun Goberno Municipal que só está para as fotos e agora comproban como ese mesmo goberno se pon de lado da Xunta e é complice das súas estratexias dilatorias.

Demandamos do Goberno Municipal que a mesma axilidade que amosa para respostar ás denuncias do BNG a amose tamén á hora de defender os intereses dos seus veciños e veciñas, que faga pública toda a información que lle for transmitida pola Xunta en relación á paralización das obras e esiximos unha pronta reanudación dos traballos e o seu remate no menor tempo posíbel.

Connivencia do Goberno Municipal coa Xunta na paralización das obras do IES