REXEITADAS POLO PP AS EMENDAS DO BNG PARA CULLEREDO

REXEITADAS POLO PP AS EMENDAS DO BNG PARA CULLEREDO

emendas bng 2O Parlamento Galego, con maioría absoluta do PP, ven de aprobar os orzamentos da Xunta para o ano 2015. Das 1295 emendas presentadas pola oposición, non admitiron ningunha.

Entre as emendas figuraban as demandas do BNG para Culleredo, que recollían moitas das demandas sociais, como o saneamento da Ría e a súa recuperación para o marisqueo, a dotación económica para a construción do Centro de Saúde do Portádego ou do novo CEIP, a planificación de outro Colexio, ou a mellora dos comedores escolres.

Tamén se pedía orzamento para o transporte metropolitano, tanto por estrada como por ferrocarril, e para a reparación do paseo do Río Trabe á altura do campo de fútbol do Burgo, gravemente deteriorado e que supón un perigo para os peóns e, sobre todo, para os nenos e nenas que acuden ás instalacións deportivas e educativas que hai nas inmediacións.

Ninguna delas mereceu a aprobación dos deputados e deputadas do Partido Popular

REXEITADAS POLO PP AS EMENDAS DO BNG PARA CULLEREDO