O BNG leva ao Parlamento Galego as demandas educativas de Culleredo

O BNG leva ao Parlamento Galego as demandas educativas de Culleredo

O pasado venres 26 de decembro, o Grupo Parlamentar do BNG, por medio do seu deputado Cosme Pombo, preguntou na Comisión de Educación do Parlamento polas razóns da demora e polos prazos estimados para a construción e posta en funcionamento do novo CEIP e do novo IES de Culleredo, así como polas actuacións que ten previsto tomar a Consellaría de Educación para solucionar a falla de prazas escolares públicas.

O representante do BNG fixo referenza ás graves carencias de pazas para atender as necesidades da poboación en idade escolar, malia aos múltiples anuncios de execución das obras, e á urxente necesidade de dotar a Culleredo de prazas escolares públicas, sen máis demoras nin propaganda.

Denunciou a paralización das obras do IES nos terreos do Parque de Acea de Ama pola aparición dunhas liñas eléctricas soterradas, que a Delegada Territorial de Educación, o día 20 novembro, calificara coma un "imprevisto" que se solventaría nunha semana, mentras que o 16 de decembro a Sra. Belén do Campo afirmaba que o reinicio dos traballos se retrasaba até xaneiro.

Denunciou tamén as incongruencias entre os representantes do Goberno do Partido Popular sobre a construción do novo Colexio. O 4 de febreiro, nesa mesma Comisión o deputado Sr. Fariña, contestou sobre este mesmo tema ao BNG co anuncio do COMPROMISO CERTIFICADO da Consellería co CEIP e co IES novos e acusou ao Bloque Nacionalista Galego de facer "propostas innecesarias" dado que xa existía un compromiso FIRME, e xa estaban os terreos, os permisos e os proxectos, dando como inminente o inicio das obras. Agora o Secretario Xeral Técnico da Consellaría, Jesús Oitavén, manifesta que xa hai orzamento para o proxecto: 20.000 €, fronte ao millón de euros que demandaba o BNG, e alude a novos trámites administrativos como causantes da demora, afirmando que tan pronto se completen "poderase pensar en iniciar as obras" do CEIP, sen dar prazos para o seu remate.

Cosme Pombo solicitou que se planifiquen as medidas para resolver as necesidades educativas de Culleredo, necesidades que medrarán nun futuro, tendo en conta que no curso 2016/17 entrarán en idade escolar 559 nenos e nenas de 3 anos, e non podemos permitirnos agardar outros 7 anos para solventar a situación.

O BNG leva ao Parlamento Galego as demandas educativas de Culleredo