O BNG de Culleredo reclama a recuperación das instalacións da Garrocha
É precisa unha resolución correcta do expediente de liquidación para a recuperación e posta a disposición á veciñanza das instalación
As accións para recuperar a concesión iniciáronse no 2012, co BNG no Goberno Municipal, e até 2018 non se retomaron, outra vez por iniciativa do BNG.
O BNG recurrirá a non inclusión de todas as cantidades adebedadas na proposta de liquidación aprobada polo Goberno Municipal.
As instalacións, debidamente recuperadas e xestiondas, poden convertirse nun referente comarcal que revitalice e dinamice a área rural de Culleredo.