bngculleredo
01/dec./2018
O BNG levou ao Pleno Municipal do pasado xoves o retraso na convocatoria das subvencións, despois de recibir queixas das asociacións e de que estas se repetisen nos Consellos Sectoriais da semana pasada.
Nen as persoas representantes do Goberno Local nos Consellos Sectoriais, nen o alcalde no Pleno, foron quen de explicar os motivos do retraso. Limitáronse a dicir que serían convocadas "en breve" e que estaban "en trámites", o que contribúe a aumentar a incerteza.
O retraso na convocatoria destas axudas, cando falta un mes para que remate o ano, dificulta o funcionamento normal das asociacións e a posta en marcha das súas iniciativas.