CRISE DEPORTIVA E VECIÑAL
O BNG solicita a convocatoria urxente da Comisión de Presidencia diante dos impagos a clubes deportivos do Concello

O Concello de Culleredo acumula impagos de axudas e subvencións ás entidades deportivas, sociais e culturais.
O Clube Balonmán Culleredo denunciou onte públicamente a grave situación que atravesan por impagos acumulados durante 4 anos.
As concelleiras/os do BNG e Alternativa dos Veciños solicitaron hoxe a convocatoria extraordinaria da Comisión de Presidencia.
Sendo coñecedoras da situación que atravesan as entidades sociais, culturais e deportivas de Culleredo provocada polos impagos de cantidades adebedadas polo Concello, e vista a denuncia pública formulada polo Clube Balonmán Culleredo no dÃa de onte, o Grupo Municipal do BNG de Culleredo, xunto as concelleiras/os de Alternativa dos Veciños, vén de solicitar unha convocatoria urxente e extraordinaria da Comisión Informativa de Presidencia. Aos efectos de aclarar os motivos dos impagos das cantidades adebedadas ao Clube Balonmán Culleredo e para poder colaborar na presentación de propostas de solución, esiximos que se poña a disposición da Comisión toda a documentación e expedientes que dan orixe a estas obrigas de pago pendentes.
Nesta mesma solicitude reclámase a posta a disposición de toda a documentación relativa a tódalas débedas contraÃdas polo Concello de Culleredo coas entidades deportivas, sociais e culturais do noso concello e que continúen pendentes de pago, incluÃndo a situación actual de ditos impagos e o horizonte temporal para o seu pago efectivo.
Este é o primeiro paso do Grupo Municipal do BNG de Culleredo para aclarar a situación e procurar unha solución urxente ao maltrato continuado que o tecido asociativo do noso concello vén sufrindo nos últimos anos, provocado pola falta de transparencia e diálogo coa veciñanza por parte do goberno municipal.