actividade
Novas
2022082 lanzamento actividades municipais

O Concello de Culleredo aínda non ten contratadas as actividades culturais e deportivas municipais

O Goberno municipal anunciara o comezo das súas actividades en outubro.

O Concello aprobou a iniciación do proceso de contratación o 28 de outubro, e as empresas aínda teñen até o 14 de novembro para presentar as súas ofertas.

A día de hoxe descoñécese cando poderán empezar a funcionar.

Verifícase, unha vez máis, o desleixo e a incapacidade deste goberno municipal para levar a cabo até as tarefas máis rotineiras e previsíbeis da xestión municipal.

Ler novas
Novas
Giant XXL O Burgo

O BNG solicita acceso aos expedientes e licenzas de actividade das atraccións das festas patronais

No último Pleno preguntamos ao Alcalde pola licenza de actividade da atracción paralizada nas festas do Burgo e polos expedientes para a obtención da licenza de instalación e funcionamento, sen obter resposta.

O BNG considera necesaria a revisión das condicións nas que as atraccións das festas obteñen a súa licenza de actividade.

Debe prevalecer a súa seguridade polo ben da veciñanza de Culleredo e dos milleiros de visitantes que se achegan ás nosas festas.

O BNG rexistrou unha solicitude para o acceso aos expedientes abertos para outorgar licenza de actividade ás atraccións instaladas nas Festas de Vilaboa e do Burgo.

Ler novas