O BNG DENUNCIA O REPARTO DE PUBLICIDADE PARTIDISTA NUNHA ACTIVIDADE MUNICIPAL

O BNG DENUNCIA O REPARTO DE PUBLICIDADE PARTIDISTA NUNHA ACTIVIDADE MUNICIPAL

Durante a excursión que tivo lugar a pasada semana a Toledo, organizada pola Concellaría de Benestar, empregados municipais repartiron nos autobuses papeis manuscritos, sen nengún tipo de logotipo nin información sobre os intervintes, convocando a unha "reunión informativa" sobre "pensión de extranjería y hacienda", que tería lugar hoxe martes no Burgo.

O uso de empregados municipais, durante unha excursión organizada polo Concello, para o reparto de convocatorias para un acto organizado por un partido político, tráenos á memoria os temos máis escuros do fraguismo, e aínda máis cando o realiza un partido que se di de esquerdas.

Reclamamos a inmediata aclaración dos feitos e o cese da persoa responsábel política de tal reparto.

O BNG DENUNCIA O REPARTO DE PUBLICIDADE PARTIDISTA NUNHA ACTIVIDADE MUNICIPAL