A gasolineira da AP-9: 30 anos sen licenza de actividade

A gasolineira da AP-9: 30 anos sen licenza de actividade

O representante do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, preguntou ao goberno municipal pola situación da gasolineira da autoestrada AP-9 que, segundo confirmou no propio Concello, leva sen licenza de activade dende a súa apertura.

A situación da gasolineira reviste especial gravidade, pois trátase dunha actividade cualificada como "nociva, perigosa e contaminante", onde xa se teñen rexistrado verquidos que remataron na Ría do Burgo. Ademais ao non dispoñer de licenza, os usuarios e demais cidadáns non poden saber si as medidas de seguridade, hixiene, saneamento etc... son as que lle corresponden.

O goberno de Julio Sacristán é coñecedor desta situación, polo que se lle preguntou que medidas pensa tomar ante esta situación e quen sería o membro do goberno municipal responsábel en caso de producirse un novo accidente nesas instalacións.

A gasolineira da AP-9: 30 anos sen licenza de actividade