O BNG leva a pleno o rexeitamento ao plan para urbanizar o Pazo dos Serrano
O BNG ven de presentar para o seu debate no Pleno do vindeiro xoves unha moción para rexeitar a aprobación do plan especial que procura urbanizar o Pazo dos Serrano.
A moción contempla destinar ese espazo a un parque público, tal e como xa se acordara en 2013 coa aprobación inicial do novo PXOM.
O acordo procura ademais iniciar os trámites para a declaración deste conxunto como Ben de Interese Cultural.