O BNG demanda a limpeza da maleza que invade as vías municipais

Recentemente o Concello de Culleredo ven de solicitar do Ministerio de Fomento a limpeza dos cómaros das estradas dependentes dese organismo. Dende o BNG de Culleredo apoiamos firmemente esa petición, mais vémonos na necesidade de lembrarlle ao goberno municipal a súa propia obriga de limpar de maleza as beiras das súas propias vías, para garantir a seguridade dos usuarios e das usuarias das mesmas.
Neste senso, queremos recalcar que entre as vías de titularidade municipal están as máis estreitas, sen beirarrúas e con beiravías testimoinais, o que, sumado á invasión da vexetación, dificulta enormemente a circulación dos vehículos e pon en perigo a integridade de peóns e ciclistas.
Solicitamos tamén que, na súa limpeza, se empregen medios que non poñan en perigo a saúde das persoas, nin prexudiquen ao medio ambiente nen aos cultivos e animais, como fan certos tipos de herbicidas cando son usados discrecional e masivamente.
Pregamos ao Concello faga extensiva esta petición a outras Administracións das que dependenden viais como a AP-9, N-550 ou A-6, que atravesan Culleredo, para que na súa limpeza non se empreguen herbicidas con compoñentes que, cun uso intensivo, son potencialmente daniños para o medio ambiente e a saúde de persoas e animais.