O BNG celebra os avances na comarcalización de servizos

O BNG celebra os avances na comarcalización de servizos

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo celebra os avances que parece se produciron esta semana no proceso de comarcalización dos servizos básicos, sempre co obxectivo final de poder ofrecer aos veciños e veciñas un servizo mellor reducindo os costes.

Tal e como afirmou o seu voceiro, Tono Chouciño, no caso concreto do servizo de subministro de auga potábel o BNG foi pioneiro en demandar a súa comarcalización, sen que o Goberno Municipal, despois de afirmar en xullo de 2014 que levaba máis de 6 meses traballando na súa contratación, fora capaz aínda hoxe de regularizar a prestación deste servizo, que se está a realizar dun xeito cando menos dubidoso dende o punto de vista legal.

As últimas propostas do grupo de goberno veñen darnos a razón, reducindo cada vez máis o prazo da concesión da xestión deste servizo básico coa idea de que nun futuro non moi lonxano sexa prestado de xeito coordinado coa comarca.

Tono Chouciño manifestou a súa vontade de seguir a facer achegas que contribúan a mellorar os servizos públicos do noso Concello, "e situalo no lugar que realmente se merecen os nosos veciños e veciñas, evitando pesadas lousas que o lastren o día de mañá".

O BNG celebra os avances na comarcalización de servizos