O BNG demanda a baixada da bandeira da UE en Culleredo

O BNG demanda a baixada da bandeira da UE en Culleredo

O concelleiro nacionalista, Tono Chouciño, rexistrou unha solicitude pedindo a baixada da bandeira da Unión Europea dos edificios municipais de Culleredo en repulsa polo pacto entre a UE e Turquía para a expulsión e deportación masiva, en condicións infrahumanas, das persoas refuxiadas que escapan á guerra de Siria.

En palabras do voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, "este é un acto simbólico, pero sinala a nosa repulsa clara a esta barbarie humanitaria que se está a cometer con estas persoas, indigna do modelo de Europa que os galegos e galegas queremos construír, e a un acordo que é contrario a toda a lexislación internacional de dereitos humanos e asilo, coma a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención de Xenebra ou a dos Dereitos do Neno”

O BNG demanda a baixada da bandeira da UE en Culleredo