LEGALIDADE URBANÍSTICA

En que situación se atopa o Pavillón Polideportivo Ría do Burgo?

CEIP e Pavillón Ría do Burgo
CEIP e Pavillón Polideportivo Ría do Burgo

O BNG amplía a súa petición de información sobre o Colexio tamén ao Pavillón Polideportivo anexo pois, segundo a información disponíbel, estaría construído en terreos catalogados como Zona Verde. 

Neste tipo de solo só se poden executar instalacións deportivas ou culturais descubertas, que non excedan os 7 metros de altura.


 

En que situación se atopa o Pavillón Polideportivo Ría do Burgo?

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo ampliou a petición de información ao Goberno Municipal sobre o CEIP Ría do Burgo, para coñecer a situación do Pavillón Polideportivo situada ao seu carón, ante a posibilidade de que tamén estea levantada en zona verde.

Trala revisión do expediente do Colexio, e á vista do PXOM en vigor, parece deducirse que non consta ningunha modificación nese punto do Plan Xeral vixente, polo que aí tan só se poderían executar instalacións deportivas ou culturais descubertas, que non poderían exceder os 7 metros de altura.

Tono Chouciño solicita do Goberno local que facilite un informe sobre a situación urbanística dos terreos, "o goberno municipal debería poder dicirnos en que expediente se fixo a modificación do PXOM que permita esa instalación".

O voceiro nacionalista lamenta a inseguridade xurídica reinante en Culleredo en materia urbanística. "Cada vez faise máis evidente a necesidade do Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística. Ten que haber unha coordinación mínima entre os servizos do Concello, que en Culleredo estamos a comprobar que non se dá, e que ten unhas consecuencias moi caras para os nosos veciños e veciñas".
 

En que situación se atopa o Pavillón Polideportivo Ría do Burgo?