OBRAS

O BNG esixe rematar a obra de Liñares e explicacións sobre a súa longa demora

Liñares (Culleredo)
Liñares (Culleredo)

As actuacións acumulan catro meses de demora

A veciñanza soporta molestias constantes que afectan a súa vida cotiá

O BNG esixe rematar a obra de Liñares e explicacións sobre a súa longa demora

As obras de mellora do vial que atravesa Liñares van máis lentas do planificado e xa acumulan catro meses de retraso con respecto a data prevista de finalización, que debería ter sido a principios de verán. O BNG reclama que se cumpra co proxecto e que a obra remate xa, e para iso propón unha xuntanza urxente coa dirección da obra por parte da Deputación da Coruña, responsable da execución do proxecto

Tanto a veciñanza como membros da corporación municipal puideron comprobar in situ que o progreso das actuacións está sendo claramente máis lento do previsto e que ademais os efectivos destinados se reduciron no último mes.

Alén disto, o plan de execución non predecía as molestias que sufriría a veciñanza durante este tempo, como son afectación a vehículos na entrada e saída das fincas colindantes, corte inxustificado de tubaxes…

O BNG esixe, pois, a correcta execución, no menor tempo posible, da totalidade da obra, corrixindo calquera defecto que se poida ter observado no proxecto ou na súa planificación ou que se poida observar no futuro durante a execución da obra, tendo en conta evitar males maiores á veciñanza residente no nucleo de Liñares.

 


Datos sobre a licitación da obra:

Data de Formalización: 23/02/2023
Data de Entrada en Vigor do Contrato: 24/02/2023
Prazo de execución: 4 meses

URL: https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/bdf7f9f6-c0b4-492b-9c75-3aa1e9f9f5f6/DOC_FORM2023-484261.html?MOD=AJPERES
O BNG esixe rematar a obra de Liñares e explicacións sobre a súa longa demora