O IBI baixará en Culleredo en 2016 a valores de 2011

O IBI baixará en Culleredo en 2016 a valores de 2011

O Imposto de Bens Inmobles (IBI) baixará en Culleredo no ano 2016, para voltar aos niveis de 2011, ao rexeitar o Pleno Municipal a proposta do goberno de Julio Sacristán de aumentar os valores catastrais dos inmobles.

En palabras de Tono Chouciño, voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, "o goberno municipal pretendía aproveitar o remate dun período especial de aumento do tipo impositivo motivado por unha lei de carácter xeral, mantendo ese aumento da presión fiscal sobre os cidadáns, para moitos dos cales aínda non rematou a crise".

A pretensión do grupo municipal do PSOE non só era incongruente cos seus reiterados anuncios de superávit económico no Concello, senón que tamén era incongruente coa moción presentada en xaneiro de 2012 polo Goberno Municipal, daquela formado por PSOE e BNG, na que se demandaba a retirada do incremento do IBI que agora o PSOE pretendía manter.

Dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo lamentamos o xeito de actuar do goberno municipal, intentando unha subida de impostos encuberta, empregando de paraugas unha das primeiras leis aprobadas polo goberno de Mariano Rajoy, duramente criticada no seu momento, sen dar nengún tipo de explicación á cidadanía, e agardamos un cambio na súa actitude.

O IBI baixará en Culleredo en 2016 a valores de 2011