O Goberno Municipal non pode asegurar as condicións do subministro de auga potable

O Goberno Municipal non pode asegurar as condicións do subministro de auga potable

No Pleno Municipal do pasado xoves o representante do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, preguntou pola situación do servizo de abastecemento de auga potable aos veciños e veciñas de Culleredo, sen que o Goberno Municipal fora quen de dar ningún tipo de contestación.

O servizo estivose prestando en precario dende que no pleno celebrado o 26 de xuño de 2014 se prorrogara por un ano, co informe DESFAVORÁBEL da Secretaria Municipal e o "REPARO SUSPENSIVO POR INCUMPLIMENTO DE REQUISITOS ESENCIAIS" da Interventora, o Contrato de Abastecemento de Auga Potable subscrito o 27 de xuño de 1989 coa empresa Gestión y Técnicas del Agua S.A.

Dende entón foron varias as ocasións nas que o Goberno Municipal manifestou estar traballando  para elaborar os pregos de contratación.

Esta situación levounos a preguntar no pleno polas condicións se está a prestar actualmente un servizo BÁSICO como é o do abastecemento de auga potable aos veciños e veciñas de Culleredo, pregunta que non tivo resposta por parte do Goberno Municipal.

Dende o BNG-Asembleas Abertas solicitamos a máxima axilidade na resolución do proceso, pois nestas condicións, ademais da obtención de lucro por parte dunha empresa á que non lle corresponde, a situación sería de total incerteza ante un problema que xurda co suministro da auga.

Solicitamos tamén unha valoración das posibilidades existentes para remunicipalizar o servizo e abaratar as tarifas, na liña do que se está a facer en outros países e cidades europeas.

O Goberno Municipal non pode asegurar as condicións do subministro de auga potable