Pleno ordinario do mes de xullo

Pleno ordinario do mes de xullo

Este xoves día 30, ás 13.30 h., terá lugar o pleno municipal ordinario correspondente ao presente mes de xullo.

Nel de debaterán, entre outras cuestións, as catro iniciativas presentadas polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, ás que podedes acceder a través da seguinte ligazón: http://ir.gl/ffa029

A Orde do Día completa é a seguinte:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do 29.06.2015.

2. Proposta de rectificación do apartado primeiro do acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta dos terreos destinados a equipamento escolar e zona verde anexa na Avda. de Rutis s/n (Zona Lavandeira) e modificación da relación de propietarios de bens e dereitos afectados.

3. Proposta de cesión á Xunta de Galiza de parcela para a construción dun Centro de Educación Infantil en Rutis, zona Lavandeira.

4. Proposta de adhesión á Rede de Oficinas Integradas de Atención ao Cidadán.

5. Proposta de solicitude de aplicación de coeficientes de actualización de valores catastrais en 2016.

6. Proposta de modificación do Regulamento Orgánico Municipal.

7. Proposta sobre creación de Consellos Sectoriais.

8. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, Moción do BNG sobre saneamento da Ría do Burgo.

9. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, Moción do BNG para o establecemento dunha Bolsa para Estudos relacionados con Culleredo.

10. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, Moción do BNG para o establecemento de bonificacións fiscais ás explotacións agrarias e gandeiras.

11. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Dia, Moción do BNG en defensa do Sector Lácteo Galego.

12. Previa ratificación da súa inclusión na Orde do Día, Moción do PP sobre retransmisión do Pleno Municipal a través da Radio Municipal e a web oficial do Concello.

13. Dación de conta de aceptación dos cargos con dedicacións exclusivas e parcial.

14. Dación de conta das designacións de representantes dos grupos políticos municipais, nos distintos órganos.

15. Dación de conta da sinatura de Convenio coa Deputación Provincial para o financiamento das obras "Centro Cívico na Avda. Fonteculler".

16. Dación de conta de sinatura de Convenio coa Deputación Provincial para a adxudicación das actuacións da Rede Cultural 2015.

17. Dación de conta de solicitude de subvención para o "Plan Municipal de Integración Xitano".

18. Dación de conta de aceptación de cesións para viais públicos.

19. Dación de conta de anotacións trimestrais no Rexistro Municipal de Subvencións.

20. Dación de conta de resolucións da Alcaldía e Concellarías delegadas.

21. Mocións urxentes.

22. Rogos e preguntas.

Pleno ordinario do mes de xullo