O BNG demanda a creación dunha Bolsa para estudos relacionados con Culleredo.

O Pleno de Organización do Concello de Culleredo, que tivo lugar o 29 de xuño, aprobou a proposta do BNG-Asembleas Abertas de reducir o soldo do Alcalde, de 55.000 anuais a 51.666.
A proposta incluía empregar os cartos aforrados, 3.334, para crear un fondo para bolsas de estudos para traballos universitarios, ou de graos superiores de ciclos formativos, relacionados con Culleredo. Nese momento denegouse a posibilidade de votar esta proposta e por iso se vai someter á decisión do pleno do mes de xullo coa intención de que sexa aprobado e se poña en marcha xa para este curso académico.
Para Tono Chouciño, voceiro nacionalista, "un fondo deste tipo incentivaría o desenvolvemento de traballos de contido cualificado sobre materias e proxectos de interese para o noso Concello, fixando a atención da xente nova, o talento de Culleredo, sobre o noso entorno para pór en práctica os coñecementos adquiridos nos seus estudos"