O BNG leva ao Pleno a defensa do sector agrario e gandeiro

O BNG leva ao Pleno a defensa do sector agrario e gandeiro

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou unha moción en defensa do sector lácteo, sector que está a atravesar unha profunda crise. Nela demandamos o compromiso cun sector de vital importancia para a economía galega e o apoio do Concello de Culleredo para as súas demandas.

Culleredo, onde nos últimos anos pecharon catro explotacións, constitúe un exemplo do camiño que segue este sector, sen alternativa productiva nen continuidade xeneracional.

Establecemento de bonificacións fiscais

Como xeito de levar á práctica ese apoio, Tono Chouciño defenderá no Pleno a modificación da Ordenanza Fiscal nº 5 do Concello de Culleredo, referente ao Imposto sobre construcións, instalacións e obras, que actualmente está establecida no 3,5%, próximo ao máximo do 4% permitido pola lei, para establecer un sistema de bonificacións ás explotacións agrarias e gandeiras.

Neste momento, con esta ausencia de un sistema de bonificacións, paga o mesmo unha obra para a construción dun chalet segunda residencia que a dunha edificación auxiliar nunha explotación gandeira prioritaria.

A finalidade é incentivar, cunha política fiscal propia, un sector que contribúe de xeito indiscutíbel a fixar poboación no rural e á creación de redes empresariais e á xeración de emprego tanto directo coma indirectamente ao seu redor.

O BNG leva ao Pleno a defensa do sector agrario e gandeiro