O BNG-Asembleas Abertas exixe compromiso orzamentario coa rexeneración definitiva da Ría do Burgo

O BNG-Asembleas Abertas exixe compromiso orzamentario coa rexeneración definitiva da Ría do Burgo

O saneamento da Ría do Burgo, que segundo o Plan de Saneamento e a Directiva Marco da Auga tiña que estar resolto no presente ano 2015, segue sen rematar malia a chea de declaracións de intencións feitas dende múltiples estamentos.

Tono Chouciño, representante do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, solicitou no Pleno Municipal de 29 de xuño a creación dunha Comisión Informativa Especial sobre o Saneamento da Ría, para realizar unha labor de seguimento e control do estado de consecución da rexeneración da Ría dende os puntos de vista medioambiental, produtivo ou de promoción económica, entre outras, e o seu impacto e interese para a poboación do noso Concello, petición que foi rexeitada polo goberno de Julio Sacristán.

Perante o novo anuncio sobre a proximidade dos traballos de dragado, dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo pensamos que esa Comisión é aínda máis necesaria, polo que vimos de presentar unha moción para o seu debate no Pleno do vindeiro día 30 reiterando a demanda da súa constitución.

Ao mesmo tempo pedimos ao Concello que reclame a inclusión nos orzamentos do Estado e de Galiza para 2016 das partidas precisas para executar os traballos de rexeneración nese exercizo, así como a publicación dos criterios en que se baseou a elección da alternativa escollida e que se demanden as garantías precisas de seguridade ambiental.

O BNG-Asembleas Abertas exixe compromiso orzamentario coa rexeneración definitiva da Ría do Burgo