Exposición do PXOM

Exposición do PXOM

Dende hoxe está en exposición pública o proxecto inicial do novo PXOM de Culleredo, trámite que durará o prazo máximo legalmente permitido, dous meses.

O proxecto pódese consultar en Vila Melania (Vilaboa), nas oficinas preparadas a tal fin na Casa dos Caseiros, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20. Tamén pode consultarse a través do seguinte enlace: http://ir.gl/pxomculleredo, onde tamén hai un modelo para formular aquelas alegacións que se estimen oportunas.

Dada a dispersión poboacional e a extensión do noso concello, estimouse tamén convinte levar o proxecto a todas as parroquias. Así será exposto e explicado polos técnicos nas seguintes datas e lugares:

Castelo, venres 15 de febreiro ás 20.00 horas.

Boedo, sábado 16 de febreiro ás 18.00 horas.

Orro, domingo 17 de febreiro ás 12.30 horas.

Celas, luns 18 de febreiro ás 20.00 horas.

Sésamo, venres 22 de febreiro.

Sueiro, sábado 23 de febreiro..

Ledoño, domingo 24 de febreiro.

Almeiras, luns 25 de febreiro.

Tarrío, martes 26 de febreiro.

O Burgo, venres 1 de marzo.

Castro, sábado 2 de marzo.

Fonteculler, luns 4 de marzo.

Vilaboa, martes 5 de marzo.

Exposición do PXOM