O BNG de Culleredo recorre a suba dun 35% na taxa do lixo
É un aumento sen precedentes do que nos enteramos pola prensa
O anuncio do Consorcio das Mariñas caeu en defectos de exposición pública e presenta dúbidas de lexitimidade
É un aumento sen precedentes do que nos enteramos pola prensa
O anuncio do Consorcio das Mariñas caeu en defectos de exposición pública e presenta dúbidas de lexitimidade
A engádega dun novo viario, acordado entre o Goberno de Rioboo e o Ministerio, sen sometelo a exposición pública, xera indefensión entre as persoas afectadas.
A exposición debera incluír tanto ese novo vieiro paralelo ao proxectado inicialmente, como o proxecto de duplicación da AP9 ao seu paso por Vilaboa, até a área de servizo.
Os proxectos do Estado e da Xunta para o Vial18 e a Vía Ártabra parecen encamiñados a xerar tráfico na AP9, en beneficio da empresa explotadora.
As infraestruturas viarias deben planificarse consensuadamente a nivel comarcal, sempre buscando o beneficio social do conxunto da cidadanía.
As contínuas engádegas e modificacións do proxecto do Vial18 veñen a demostrar a súa improcedencia, debendo retomarse a opción de conexión en Almeiras a través da área de servizo e do vial do aeroporto.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Culleredo anuncia o seu apoio ás reivindicacións veciñais que solicitan unha nova exposición pública do PXOM.
Tono Chouciño, concelleiro nacionalista que acudiu á reunión convocada polos veciños, destaca a labor de investigación e documentación destes ante a falta de transparencia do Goberno Municipal.
O BNG emprenderá unha campaña informativa á veciñanza "para animar aos vecinos e veciñas a que reclamen un dereito, non só individual, senon tamén colectivo, posto que non só é trascendente a reposta á súa alegacion individual senon que tamén o é o resultado das alegacións dos demais"