Un concello para todos e todas. Un Culleredo máis xusto.

Un concello para todos e todas. Un Culleredo máis xusto.

resposta de Gas Natural Fenosa co compromiso de non cortar o subministro para persoas usuarias do Bono Social municipal

As persoas que formamos parte do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo queremos construír un concello que asegure e protexa os dereitos dos seus veciños e veciñas. Dende o Goberno Municipal daremos continuidade ás medidas postas en marcha entre 2011 e 2013, como foron os Bancos de Recursos (o de libros ou de material ortoprotésico) ou a Comisión Municipal de Desafiuzamentos.

O éxito práctico destas iniciativas supuxo que serviran de modelo a outras administracións. A Comisión Municipal de Desafiuzamentos segue a ser unha ferramenta moi útil, pois aporta protección e seguridade ás familias en risco de perda das súas vivendas, a través do acompañamento en procesos de negociación con entidades financeiras, inmobiliarias ou arrendadoras.

Estas iniciativas atenderon a un gran número de familias cullerdenses nun momento de especial gravidade e dificultade, pero aínda queda moito por facer e moito no que o Concello se pode implicar e funcionar de motor de impulso.

Seguiremos a desenvolver o modelo dos Bancos de Recursos, creando un Banco de Vivenda, blindaremos as subministracións dos servizos básicos de auga, luz e gas. Achegaremos os Servizos Sociais aos veciños e veciñas, como fonte de recursos, iniciativas e apoio, facendo da súa protección a nosa prioridade.

Un concello para todos e todas. Un Culleredo máis xusto.