O BNG leva a pleno a transparencia no goberno municipal

O BNG leva a pleno a transparencia no goberno municipal

No pleno celebrado este luns, e ante as noticias que acusaban o alcalde de avalar a unha empresa promotora con actividade no noso Concello, o BNG presentou unha moción na que instaba se fixera público o contrato dese aval, con expresión das cantidades avaladas e das condicións do aval. Solicitamos tamén a relación das licenzas urbanísticas e dos convenios, se os houber, concedidas e asinados polo Concello de Culleredo coa dita promotora.

No pleno defendemos que a cuestión de transparencia e honorabilidade en asuntos relacionados co cargo público que desempeña non se pode enmarcar na privacidade, que é un tema que preocupa á opinión pública e os cidadáns e que dende a responsabilidade dun partido como o BNG que representa a veciños e veciñas deste concello, era o noso deber reclamar as explicacións oportunas.

O Alcalde repetiu a súa intervención da rolda de prensa, sen aportar a documentación do aval solicitada, argumentando que poñería o caso en mans da xustiza, cousa que agardamos faga no prazo máis breve posible, pero que non o exime de dar explicacións e aclarar públicamente a situación.

A moción defendida polo BNG conseguiu que se facilite a documentación sobre as licencias e os convenios urbanísticos entre a empresa e o Concello.

Lonxe de polémicas interesadas, coas que algúns tentan tapar a súa falta de iniciativa, dende o BNG seguimos a defender outra forma de facer politica eliminando esta imaxe de opacidade e impunidade, e presentando un programa con solucións para os graves problemas dos veciños no noso Concello.

 

O BNG leva a pleno a transparencia no goberno municipal