Abrir o Concello á veciñanza. Transparencia e participación veciñal.

Abrir o Concello á veciñanza. Transparencia e participación veciñal.

Candidatura BNG (43) rdx rcSegundo un recente estudo elaborado por investigadores do grupo Cidadanía e Comunicación (CIDACOM) da Universidade de Compostela, publicado no número 214 de marzo deste ano da revista Tempos Novos, o Concello de Culleredo ocuparía o posto 16 entre os 22 concellos galegos de máis de 20.000 habitantes por transparencia da súa web municipal, cumprindo tan só cun 36,6% dos indicadores validados no estudo.

Este é un triste resultado que reflicte o que pasa en todos os eidos de participación e de acceso á información por parte dos veciños e veciñas de Culleredo. Lembramos que a Comisión Municipal de Escolarización estivo dous anos sen ser convocada, e só se convocou cando os problemas de escolarización eran demasiado evidentes ante as presións dos pais e nais.

Dende a candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, con Tono Chouciño á cabeza, propoñémonos mudar esta situación, rematar coa opacidade na xestión municipal, apostando polo dinamismo social e polas decisións tomadas colectivamente, promovendo a implicación das entidades sociais, a creación de órganos de participación parroquiais de funcionamento regular e coa elaboración de orzamentos participativos.

Abrir o Concello á veciñanza. Transparencia e participación veciñal.