O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presenta o seu programa

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presenta o seu programa

programa carátulaO BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou o seu programa de goberno no que, ademais de afortalar o sistema de Benestar, fai unha aposta pola transparencia, a participación e a planificación na xestión municipal, pola mellora nos servizos públicos, pola recuperación e posta en valor do noso patrimonio e, sobre todo, pola implicación do Concello en políticas de creación de emprego.

Durante o tempo que estivemos no goberno municipal fíxose unha labor importante nos departamentos de Benestar, incluíndo Sanidade, Muller e Consumo, labor que hai que continuar, unha vez asentado o principio de que uns servizos sociais para pobres son uns pobres servizos sociais, innovando e marcándonos obxectivos ambiciosos, como desenvolver un Banco Público de Vivenda e unha Residencia de Persoas Maiores, ademais de asegurar as subministracións básicas aos nosos veciños e veciñas.

Pero as persoas que formamos parte da candidatura que encabeza Tono Chouciño, pensamos que, nun concello con case 3000 persoas no paro, a maioría mulleres, é hora de que se poñan en funcionamento iniciativas para captar recursos e crear entidades de apoio coas que xerar sinerxias entre Concello, centros educativos, empresas e entidades sociais, traballando colectivamente nos sectores estratéxicos, establecendo programas específicos de innovación e emprego coas empresas dos diferentes sectores, e formulando un Plan de Emprego indispensábel e prioritario a día de hoxe, e que é o primeiro dos compromisos que plantexamos para cos veciños e veciñas de Culleredo nos primeiros 100 días de goberno.

#cambiemosCulleredo #dependedenós

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presenta o seu programa