O BNG de Culleredo demanda do alcalde explicacións públicas ante o Pleno Municipal

O BNG de Culleredo demanda do alcalde explicacións públicas ante o Pleno Municipal

O 20/04/2015 aparecía no xornal ABC unha información referida ao aval do Sr. Alcalde de Culleredo, D. Julio Sacristán, a unha empresa adicada á promoción urbanística PORTÁDEGO 2002 que, dacordo cos datos que se fixeron públicos, ten realizado promocións no Concello.

Aínda que o Alcalde manifestou publicamente que o seu aval non alcanzaba a totalidade o préstamo (1,3 millóns de euros) non aportou nengún documento que aclare a cantidade avalada nin as condicións de tal aval. Informacións posteriores do mesmo xornal parecen desmentir as súas afirmacións.

Consideramos necesario aclarar dun xeito convincente para os veciños e veciñas de Culleredo estas acusacións, pois non se merecen menos, polo que dende o Grupo Municipal do BNG se solicitou a inclusión na Orde do Día do pleno ordinario correspondente ao mes de abril, un punto no que o Sr. Alcalde de Culleredo poida esclarecer todas estas informacións e demostrar que é unha persoa honrada no desenvolvemento da súa actividade política.

Na moción rexistrada hoxe no Concello solicítase que se aporte ao Pleno Municipal o contrato, con expresión das cantidades avaladas e das condicións do aval, unha relación de licenzas urbanísticas e convenios asinados coa empresa PORTÁDEGO 2002 SL.

O BNG de Culleredo demanda do alcalde explicacións públicas ante o Pleno Municipal