O BNG de Culleredo leva os seus Encontros Abertos a Castelo e Orro

O BNG de Culleredo leva os seus Encontros Abertos a Castelo e Orro

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo comezou esta semana coa realización dunha xeira de Encontros cos que pretende achegar aos veciños e veciñas o traballo desenvolto até o momento.

ENCONTRO ABERTO CASTELO ORROAo mesmo tempo os Encontros servirán para recoller os problemas e necesidades da veciñanza  dos distintos lugares e parroquias que compoñen o noso Concello, e traballar na súa solución.

O primeiro destes Encontros veciñais celebrouse o pasado mércores en Boedo, cunha magnífica resposta por parte dos veciños e veciñas. Continuarán esta semana en Castelo, o mércores ás 20:00 no Centro Cívico, e en Orro, onde terá lugar o xoves ás 19:30, nas instalacións do Centro Social.

Convidamos a participar nelas a todas as persoas e colectivos interesados en traballar para ir construíndo, dun xeito colectivo, o Culleredo que nos merecemos.

O BNG de Culleredo leva os seus Encontros Abertos a Castelo e Orro