Encontro Veciñal en Culleredo

Encontro Veciñal en Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo prosegue coa xeira de Encontros veciñais, que esta semana será lugar en Culleredo, no Centro Cultural O Noso Lar, o venres 16 ás 20.00 h.

encontro aberto culleredoSerá a cuarta xuntanza nas distintas parroquias e lugares do Concello, despois de Boedo, Castelo e Orro. Nestes lugares a resposta veciñal ten sido magnífica, con gran participación e valiosas aportacións por parte das persoas asistentes, sinal das enormes carencias que a veciñanza das zonas máis rurais sofren e perceben no seu día a día.

O BNG-Asembleas Abertas quere transmitir o seu agradecemento a todas as persoas que dun xeito ou outro nos están a facer chegar as súas aportacións.

Nas semanas e días próximos proseguiremos a andaina polos demais puntos Culleredo, achegando aos veciños e veciñas o traballo desenvolto até o momento e facilitándolles a súa participación directa nos asuntos do Concello.

Encontro Veciñal en Culleredo