O BNG de Culleredo demanda melloras na accesibilidade e na seguridade da AC-215

O BNG de Culleredo demanda melloras na accesibilidade e na seguridade da AC-215

A pasada semana a Xunta anunciou a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Culleredo para a mellora da estrada AC-215 (Fonteculler - O Portádego).

Dita estrada, que se corresponde coa rúa Alcalde Electo Carballo, forma parte do percorrido do Camiño Histórico de Santiago, e é un importante eixe que conecta o gran espazo verde do noso Concello, o Paseo Marítimo con núcleos fortemente poboados, como son O Portádego, A Corveira e Cordeda, con abundante poboación xoven e con fillos.

Dende o BNG de Culleredo solicitamos que no proxecto de mellora se teñan en conta estes condicionantes, poñendo en valor ese carácter histórico do vial, ao tempo que se mellora a mobilidade e a seguridade tanto de peóns como de ciclistas, incorporando ao proxecto un vial específico para estos últimos (carril bici), e facilitando a conexión co Paseo Marítimo.

Por último, queremos chamar a atención sobre as obras que se están a realizar na actualidade no cruce desta rúa coa N-550, no Portádego, pola súa deficiente sinalización que leva á confusión aos conductores e podería provocar algún accidente. Solicitamos se reforme a seguridade na zona, fortemente transitada, durante o tempo que duren as obras.

O BNG de Culleredo demanda melloras na accesibilidade e na seguridade da AC-215