O BNG esixe a continuidade das políticas alternativas fronte a crise

Concelleiros do BNG de Culleredo no mandato 2011-2015. De esquerda a dereita: Rocío Sampedro, Isidro Taibo e Raquel Jabares.
O BNG esixe a continuidade das políticas alternativas fronte a crise

Culleredo, 22 de maio de 2013.- O Grupo Municipal do BNG no Concello de Culleredo rexistrou esta mañá un escrito destinado ao alcalde en que lle transmite a necesidade de que o Goberno continúe coas accións alternativas desenvolvidas nas áreas das que eran responsábeis. A portavoz do BNG no Concello de Culleredo, Raquel Jabares, pon de manifesto que “dada a imposibilidade de rematarmos as nosas accións de goberno, enviámoslle ao alcalde as medidas que fican pendentes de rematar”. E é que, tal e como afirma Jabares, as concelleiras nacionalistas “aínda non recibimos nin unha soa chamada para facer o traspaso de competencias”.

A edila do BNG advirte de que “os intereses particulares e partidistas das persoas que forman o actual goberno non deberan diminuír as conquistas sociais que a veciñanza ten garantidas a día de hoxe” e sinala que as nacionalistas “continuaremos no nosos afán de mellorar a vida do pobo, xa que, para o BNG, prima o interese xeral da veciñanza”.

Benestar social

No escrito dirixido ao alcalde, o BNG expón que, en materia de benestar social, fica pendente rematar a urbanización física da UTES Fonteculler no local A Corveira; a nova redacción do regulamento de axudas de emerxencia atendendo ao contexto socioeconómico actual; o incremento do orzamento de axudas destinadas a pago de vivenda e emerxencia social, así como continuar cos bancos de recursos: de vivenda, alimentos, material ortoprotésico e de libros e material didáctico, todos eles, en marcha grazas ao labor das nacionalistas no Concello.

Ademais, o BNG informa de que cómpre concluír a oficina de atención á dependencia; a ampliación do convenio con ACCEM para nova vivenda de tránsito para desafiuzamentos; os novos protocolos de coordinación co Plan Coordinador de Servizos Sociais no tocante á inserción laboral de colectivos desfavorecidos; a posta en funcionamento da Casa de Asociacións; a constitución da mesa Concello-Cáritas-Accem-Mestura-Mosaico para a coordinación de axudas e a cesión do baixo da Galescola Fonte da Balsa para a construción dunha nova escola infantil.

Sanidade

No eido da sanidade, o BNG de Culleredo esixe continuar coas entrevistas periódicas coa Xerencia sobre o novo centro de saúde con unidade completa de saúde mental e cos trámites de cesión do Centro de Saúde de Tarrío ao Sergas; as actividades Komesan, de exercicio físico e contra as adicións; o plan municipal de trastornos aditivos e a constitución da mesa pola integración social e laboral das persoas con discapacidade entre Concello-AFADIPS, MINUSVÁLIDOS CULLEREDO, APEM, ANHIDA, X FRAXIL e DISMACOR.

Ademais, as nacionalistas sinalan que fican pendentes de desenvolver os servizos sociosanitarios en coordinación coas asociacións, como o centro de rehabilitación para enfermos mentais Casa Rosa; o banco de axudas técnicas con ASEM; o servizo de información a celíacos ACEGA, a revisión para a ampliación do convenio con ACLAD; o servizo de fisioterapia e logopedia con PARKINSON GALIZA ou o servizo de atención sociosanitaria a mulleres vulnerábeis.

Igualdade

No que respecta á igualdade, o BNG advirte de que cómpre concluír a redacción do III Plan (pendente das achegas das entidades sociais) e a presentación do Plan de Autoemprego Feminino.

Consumo

En relación á área de consu

 

mo, o BNG alude ás actividades da Comisión e da Subcomisión técnica de desafiuzamentos, con charlas programadas nos centros municipais e co plan de información; á sinatura de convenios con ADICAE para a atención de usuarias en Culleredo e realización de asembleas con preferentistas; a posta en funcionamento definitiva da OMIC en Culleredo e mais as actividades do Planning de Consumo, o plan de fomento de consumo responsábel e posta en funcionamento dos talleres de economía doméstica.

E, no que respecta ao eido da dinamización local, o BNG advirte de que fican pendentes a celebración da I Festa Breogán (exaltación de produtos galegos), xa iniciada e xestionada; o mercado templario Burgo de Faro; o encontro de coches clásicos e a modificación da ordenanza do feirón, que está pendente de informe.Dinamización local

O BNG esixe a continuidade das políticas alternativas fronte a crise