Un ano de goberno PSOE-APdC: Un ano perdido para Culleredo

Un ano de goberno PSOE-APdC: Un ano perdido para Culleredo

Hai un ano o PSOE de Culleredo rompía o pacto de goberno que mantiña co BNG e pactaba con APdC, tras unhas longas negociacións que provocaron varias dimisións en ambas formacións.

Durante este tempo a parálise que afectaba xa ás áreas de goberno do PSOE extendeuse á totalidade do goberno municipal, máis preocupados por quen será o sucesor ou sucesora de Julio Sacristán que pola situación do Concello. Mentras se dedican a proclamar publicamente que son un único partido cando ás Xuntas de Voceiros acude un representante de cada partido, como tamén acuden por separado ás Comisións Informativas, cobrando os dous representantes as dietas que correspondan.

Na área de Turismo abandonáronse actividades como o Mercado Medieval ou o Encontro de Vehículos Clásicos, que eran un foco de atracción durante varios días de visitantes ao noso Concello, e xeraban importantes ingresos nos negocios locais.

En Servizos Sociais deixáronse de programar actividades propias, manténdose só aquelas que organizan as Asociacións que colaboran co Concello, mentres as concelleiras se adican a repartir en man as caixas con axuda humanitaria procedente da Cruz Vermella.

A Comisión Municipal de Desafiuzamentos, o centro de rehabilitación para enfermos mentais na Casa Rosa, a Unidade de Traballo de Servizos Sociais na Corveira , a Oficina Municipal de Información ao Consumidor, os puntos Komesán, os bancos de recursos de alimentos, o de material escolar, o de material ortoprotésico... se abandonaron ou están funcionando baixo mínimos, dependendo da boa vontade das asociacións e da solidariedade dos cidadáns, mentras moitas veciñas e veciños teñen auténticas dificultades para poder chegar a fin de mes.

rotulación coches policía municipal culleredoMentras tanto, o Goberno Municipal adícase a publicar nas redes sociais fotos de vehículos policiais sacadas de catálogos, vendéndoo coma un éxito, cando hai convocado un concurso público para un contrato de leasing porque remata o prazo do anterior, como xa se sabía hai tempo.

É por isto que non entendemos porqué se cambiou a rotulación dos vehículos policiais. O Goberno Municipal debería explicar públicamente porqué, tratándose de vehículos que estaban a punto de ser dados de baixa, se cambiou a súa rotulación neste último ano, canto se pagou pola rotulación nova e que empresa a levou a cabo.

Dende o BNG de Culleredo reclamamos ao Goberno Municipal que aparque as liortas internas, que xestione os recursos públicos dun xeito responsábel, e que se centre na resolución dos problemas dos seus veciños e veciñas, apoiando medidas innovadoras en todas as áreas e apoiando tamén ao pequeno comercio, servindo de motor da recuperación da economía local.

Un ano de goberno PSOE-APdC: Un ano perdido para Culleredo